«Circo d’as Monteiras a prol do espírito galeguista, un enigma sen resolver…»

Os escasos datos sobre o Circo d’as Monteiras suscitan a necesidade dunha abordaxe exhaustiva.

1. Definición

Esta asociación cultural de Montevideo fundouna Salustiano Gómez Rey en 1886. A menor entidade e o reducido número da colectividade galega na parte oriental do Río da Prata diminuíu a incidencia sociopolítica.

Trátase dunha entidade rexionalista que procuraba:

  • a contribución ó progreso do Centro Galego de Montevideo, mediante os estatutos escritos en lingua galega e a obrigatoriedade para os socios de asistiren ás festas vestidos co traxe tradicional,
  • a promoción da galeguidade na diáspora,
  • o fomento da boa consideración dos estranxeiros cara ós costumes galegos,
  • esperta-lo espírito galeguista en América.

BIBLIOGRAFÍA

Núñez Seixas, Xosé Manoel (1992), O galeguismo en América, 1879-1936, Sada: Ediciós do Castro.

G. Beramendi, Justo, e Núñez Seixas, Xosé Manoel (1996), O nacionalismo galego, Vigo: A Nosa Terra.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio