festina lente
Xaora
Lúas de vrau e neve van cobrindo
os curutos espidos dos outeiros.
Fouciños de luares montañeiros,
arcanxos malvazul lle van xunguindo.
A laranxa do día estase abrindo
por marogos e pinos e loureiros,
e o níspero maturo e os prexigueiros
nas solainas da luz se están frolindo.
¡Qué colleita de estrelas e de rosas
segando van nas roitas cobizosas
dos malvises e os xílgaros e as frores!
O pombal montesío entre as ramaxes;
cabeleiras de lóstregos i encaixens;
se espallan polo cómaro en solpores.
De A Saudade i outros poemas (Salnés, 1963)
Pura Vázquez




«Manuel García Blanco, planificador da lingua galega»
1. Retrincos da vida Manuel García Blanco naceu o 19 de decembro de 1882 na…
«O semanario TIERRA GALLEGA ó servizo da comunidade galega de Galicia e Uruguai»
Dáse conta da publicación uruguaia Tierra Gallega. 1. Anotacións externas Co subtítulo “Semanario Regional Ilustrado”…
«AIRES D’A MIÑA TERRA, elo de unión entre a Galicia das dúas beiras do oceáno Atlántico»
1. Anotacións externas Esta publicación viu a luz en Bos Aires (Arxentina) dende o 10…
«A revista ferrolá ATURUXO, unha xanela aberta ó panorama poético da época»
Indicación dalgunhas notas da publicación ferrolá Aturuxo. 1. Apuntamentos externos Esta revista apareceu en Ferrol…
Vrao
Benvido, vrao! Estación da luz, e dos tecidos de ouro da paisaxe. Que sexan estes…
«A revista ALBA entre Vigo e A Coruña»
Anotacións acerca da revista ALBA. Número 1Descarga Número 2Descarga 1. Caracterización externa Esta revista naceu…