Os escasos datos sobre o Circo d’as Monteiras suscitan a necesidade dunha abordaxe exhaustiva.
1. Definición
Esta asociación cultural de Montevideo fundouna Salustiano Gómez Rey en 1886. A menor entidade e o reducido número da colectividade galega na parte oriental do Río da Prata diminuíu a incidencia sociopolítica.
Trátase dunha entidade rexionalista que procuraba:
- a contribución ó progreso do Centro Galego de Montevideo, mediante os estatutos escritos en lingua galega e a obrigatoriedade para os socios de asistiren ás festas vestidos co traxe tradicional,
- a promoción da galeguidade na diáspora,
- o fomento da boa consideración dos estranxeiros cara ós costumes galegos,
- esperta-lo espírito galeguista en América.
BIBLIOGRAFÍA
Núñez Seixas, Xosé Manoel (1992), O galeguismo en América, 1879-1936, Sada: Ediciós do Castro.
G. Beramendi, Justo, e Núñez Seixas, Xosé Manoel (1996), O nacionalismo galego, Vigo: A Nosa Terra.
