Outono

Camino entre árboles en el bosque durante el otoño

Agora que o tempo anuncia a súa viraxe cara as sombras, dende esta nosa revista dixital Xaora damos a benvida o outono, con esa pel de terra e follas caídas. Para iso escollemos o seguinte poema de Manuel María:

Veleiquí, Outono, grande e puro,
vestindo ao mundo de dourado,
con saibo a mosto fermentado,
a mazá, a sal, a grao maduro.

Veleiquí, Outono, nel procuro
o rumor do vento namorado,
o laio do mar ben concertado
e o misterio máis escuro.

Veleiquí, Outono, fosco e ledo,
con brasas secretas, soedosas,
acenas nas brétemas do medo.

Veleiquí, Outono, xa sen rosas,
sementando mágoas misteriosas
no meu corazón ceibe e acedo.

Poemas ó outono (1997)
Manuel María

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio