Dáse conta dos poemas de Federico García Lorca redactados en lingua galega.

1. Algúnhas nótulas da vida
Naceu o 5 de xuño de 1898 en Fuente Vaqueros (Granada). Os pais eran Vicenta Lorca Romero, mestra de escola, e Federico García Rodríguez, propietario de terreos con remolacha e tabaco.
Ós once anos Federico, canda a súa familia, instalouse en Granada. En outono de 1914, matriculouse no curso de acceso a dúas carreiras, Dereito e mais Filosofía e Letras. En 1916 ou 1917, o interese literario cobrou corpo nun extenso ensaio autobiográfico, no que evocaba Fuente Vaqueros.
Un dato fundamental na conformación intelectual do noso persoeiro foi a participación na tertulia El Rinconcillo. Animado por varios membros deste faladoiro, marchou a Madrid en 1919, onde ingresou na Residencia de Estudiantes, e permaneceu neste lugar ata 1928.
Entre 1919 e 1921, desenvolveu unha intensa actividade a través de paseos pola cidade madrileña; visitas a Toledo con Luis Buñuel, Salvador Dalí e Pepín Bello; encontros cos directores teatrais Eduardo Marquina e Gregorio Martínez Sierra e con compoñentes das Vangardas, entre eles Ramón Gómez de la Serna e Vicente Huidobro; a publicación das obras Libro de poemas e Suites, e a estrea de El maleficio de la mariposa. Tamén coñeceu a Juan Ramón Jiménez grazas a unha carta de presentación de Fernando de los Ríos. Así comezou unha amizade sólida.
En 1923, licenciouse en Dereito pola Universidad de Granada. Dous anos despois, en Semana Santa, viaxou, xunto a Salvador Dalí, a Cadaqués e mais adiante visitaron Catalunya. A estética do catalán influíu de forma decisiva co cultivo dunha poesía de evasión, amais de lle proporcionar un coñecemento fondo da arte popular e culta de Catalunya.
Os anos 1927 e 1928 supuxeron unha crise sentimental en Federico García Lorca. Dunha parte, o éxito crítico de Canciones e o éxito popular de Primer romace gitano (1928) propiciaron o descontento do granadino. Doutra parte, unha epístola de Dalí sobre Romancero gitano agravou a tristura do noso escritor pola argumentación de ser unha obra unida ás pautas da poesía antiga, sen capacidade de emoción, e polo exceso de costumismo e do cultivo dos sitios estereotipados e conformistas. Se todo isto fose pouco, as circunstancias vitais remarcaron a crise lorquiana por mor da aparición da imaxe pública dun Lorca costumista e da separación afectiva de Emilio Aladrén. Malia este escenario anímico negativo, continuou traballando de forma intensa e con proxectos novos. Pensemos por exemplo na relación cun grupo de amigos mozos e na edición dos dous números da revista Gallo.
Coa chegada da primavera de 1929, Fernando de los Ríos conviouno a acompañalo a Nova York. Dende xuño de 1929 ata marzo de 1930, permaneceu nesta cidade e tamén en Vermont. Entre o 7 de marzo e o 12 de xuño de 1930, visitou Cuba, onde impartiu relatorios na Institución Hispano-Cubana de Cultura e explorou a cultura e a música afrocubanas. A grandes liñas, esta visita ó estranxeiro implicou o contacto coa diversidade relixiosa e racial e coa mecanización. Estos datos rexistráronse en cartas, no libro Poeta en Nueva York e nas cartas conforman unha perspectiva penetrante da civilización norteamericana e da soidade e a anguria do ser humano.
Coa instauración da II República, en abril de 1931, Lorca comezou a colaborar en iniciativas culturais coa pretensión de fomentar un maior intercambio entre a cultura urbana e a dos pobos. Algunhas probas foron as conferencias en varias partes de España (Sevilla, Salamanca, Santiago de Compostela…) e a organización do teatro universitario La Barraca.
Dende outubro ata marzo de 1934, Lorca fixo unha xira por Bos Aires e Montevideo coa compañía La Barraca. Grazas a este período decatouse do interese por parte dun público fóra de España e, afortunadamente, obtivo independencia económica.
O 17 de xullo de 1935 estoupou a sublevación militar contra a República. Tres días despois, o núcleo urbano de Granada estaba nas fauces das forzas falanxistas. Alí arrestaron a Manuel Fernández-Montesinos (marido da irmá de Federico e alcalde da cidade) e un mes despois fusilárono. Na tarde do día 16 de agosto de 1936, Ramón Ruiz Alonso (ex-deputado da CEDA) detívoo na casa dos Rosales.
Trasladado ó Goberno civil de Granada, o comandante José Valdés Guzmán custodiouno. A denuncia ó poeta contiña catro cargos: ser espía dos rusos, estar en contacto con estes, ser secretario de Fernando de los Ríos e ser homosexual. A pesar das tentativas da familia Rosales e Manuel de Falla, fusilaron a Lorca nun sitio na estrada entre Víznar e Alfacar.
2. Obra en lingua galega
Os poemas entregoullos Federico a Eduardo Blanco Amor, tal e como sinala o ourenán no artigo La Hora, un día de maio de 1935, nomeadamente na casa de Madrid. Non saíron publicados o 25 de xullo por lle confiar o granadino a publicación a Blanco Amor. Este realiza unha copia co obxecto de ordena-los papeis e escolle-la versión definitiva en calidade de responsábel da publicación.
Blanco Amor encomendoulle a Ramón Suárez Picallo a publicación do poemario galego de Lorca, coa correspondente corrección das probas de imprenta xunto a Ánxel Casal e a supervisión da impresión do texto. Finalmente, editouse o libro co colofón de 27 de decembro cun prólogo de eduardo Blanco Amor.
- «Madrigal â cibdá de Santiago»: referencia á historia da cidade galega.
- «Romaxe da nosa Señora da Barca»: plasmación da tradición popular das romarías.
- «Cantiga do neno da tenda»: evocación dos galegos emigrados mediante a metáfora de elementos reais, como o río da Prata, ó son da muiñeira baixo o signo da morriña.
- «Noiturno do adolescente morto»: baixo a influencia das Coplas manriqueñas, a morte cobra corpo no río Sil coa axuda da Santa Compaña.
- «Canzón de cuna pra Rosalía Castro, morta»: ó son da canción de berce e de alba, transcorre dende Santiago de Compostela ata Belén e aúna a morte e a vida para espertar a Rosalía.
- «Danza da lúa en Santiago»: canto á praza da Quintana que funciona como outra metáfora de realidades preexistentes, concretamente Ernesto é Ramón de Sismundi, fusionado co recurso expresivo do xove mártir san Paio.
BIBLIOGRAFÍA
Pérez Rodríguez, Luis (2011), O pórtico dos Seis poemas galegos de F. García Lorca, Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, col. Autores & Textos.

