«A voltas co krausismo»

Esta corrente filosófica cuñouna o alemán Karl Christian Friedrich Krause a comezos do século XIX. Caracterizábase, entre outras cuestións, pola conciliación entre o teísmo e o panenteísmo, a formulación dunha federación universal e a distinción entre moral e dereito. Posteriormente, estendeuse a Europa e Latinoamérica.

Karl Christian Friedrich Krause Fonte: Diccionario Histórico de la Traducción en España

A pesar de se detecta-la presenza en España da man de Julián Sanz del Río, en torno ó ano 1840, a Galicia chegou no intervalo 1850-1855 grazas a Joaquín Sanromá Creus e Eugenio Montero Ríos entre 1850 e 1855. En terras galegas, contou como representantes a Xoán Vicente Viqueira, Xulián Besteiro Fernández e Xoán Sieiro González, quen vertebrou a mensaxe cristiá cos postulados krausistas.

En 1876, transformouse nun movemento político e de renovación cultural e educativa mediante a creación da Institución Libre de Enseñanza1. Fundamentábase, entre outros aspectos, na renovación dos valores éticos, na renovación pedagóxica, na conciliación entre relixión e ciencia, na investigación do folclore e no perfeccionamento do ser humano a través da moral, o dereito, a arte, a ciencia, a relixión e o Estado.

  1. Esta institución fundárona un feixe de catedráticos1 (Francisco Giner de los Ríos, Gumersindo de Azcárate e Nicolás Salmerón…) que os separaron da universidade pola defensa da liberdade de cátedra e por se negaren a axusta-lo ensino deles ós preceptos relixiosos e ás indicacións políticas e morais. Isto motivou a creación dunha entidade educativa privada que se circunscribiu ó ensino privado e despois ampliouse á educación primaria e secundaria. ↩︎

BIBLIOGRAFÍA

Ferrater Mora, José (1986), Diccionario de filosofía, Madrid: Alianza Editorial, vol. 3.

Platas Tasende, Ana María (2000), Diccionario de términos literarios, Madrid: Espasa Calpe.

VV. AA. (1995), Diccionario terminológico de las literaturas románicas, Madrid: Gredos, Biblioteca Románica Hispánica.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio