Festina lente
Un punto de encontro para o coñecemento rigoroso
En Xaora, partimos da inquietude polo saber. Compartimos reflexións sobre cultura, socioloxía, filosofía, literatura e política, entre outras materias. Camiñamos arelando un futuro máis xusto e igualitario.
A través de artigos ben investigados e reflexións profundas, Xaora conseguiu atraer unha comunidade diversa de lectores comprometidos, convertendo a súa paixón nun espazo significativo para o debate e a acción social.

A nosa visión
Ano 2025, momento no que xorde esta tribuna, abunda a desinformación. Para combater esta eiva manexaremos o método científico
Os nosos valores
En Xaora valoramos a diversidade de pensamento, a honestidade intelectual e o compromiso coa verdade. Cremos que o diálogo aberto e a tolerancia son fundamentais para crecer e comprender mellor o mundo que nos rodea.
A nosa misión
Divulgar contidos relativos á cultura, á ciencia política e á historia dos pobos. Informar do mundo que nos rodea. Reflexionar acerca de aspectos que motivan confusión e fomentar o pensamento crítico.
