«A retranca entre lusco e fusco»

1. Que é?

Un feixe de especialistas proporcionaron varias definicións sobre a retranca:

Baldomero Cores (1957, páx. 20)

“Actitude sociolóxica diante da sociedade coa que o ser humano preserva a forma de pensar, actuar e ser”.

Xosé Chao Rego (1987, páx. 15)

“Realizar preguntas e expresarse de forma circular da cidadanía galega ten como causas a introversión e a timidez”.

Siro López (2005)

“Inconcreción permanente e divertida do noso dicir e actuar… unha característica psicolóxica, relacionada de forma estreita coa nosa desconfianza”.

John Rutherford (2007, páxs. 23-24)

“Forma de se enfrontar con preguntas conflitivas realizadas polas autoridades, un xeito de opoñer resistencia a estes intrusos sen se expor a acusacións de insubordinación”.

Alberto Pascual Carballo (2009, páx. 218)

“Forma de expresión popular que conserva a fidelidade ás ideas propias e, ó mesmo tempo, evita a provocación do interlocutor, asociado co poder”.

Marcial Gondar Portasany (1995, páxs. 46-47)

“Maneira de falar ou de se comportar tan propia do paisano galego, que se singulariza pola cautela, a habilidade para responder de modo evasivo, por saber nopn dicir ou face-lo que os outros procuran pola segunda intención”.

2. Exemplos

Fonte: Faro de Vigo
Fonte: Faro de Vigo
Fonte: revista Retranca
Fonte: revista Retranca

BIBLIOGRAFÍA

Caballero, Féliz (2012), O humor galego alén da retranca, Cangas do Morrazo: Morgante, col. Mudanzas, n.º 24.

Chao Rego, Xosé (1987), Para comprendermos Galicia, Vigo: Galaxia, serie Agra aberta.

Cores, Baldomero (1957), «Sociología del humorismo y de la retranca», LAR. “Revista del Hospital Gallego“, Bos Aires: Asociación Gallega de Beneficencia y Mutualidad, xaneiro-febreiro de 1957, páxs. 18-22.

Gondar Portasany, Marcial (1995), Crítica da razón galega. Entre o nós mesmos e o nosoutros, Vigo: A Nosa Terra, Biblioteca A Nosa Terra, 2ª ed.

López, Siro (2005), «A retranca. O humor como mecanismo de defensa, A Coruña: La Voz de Galicia, 25-VII-2005, Suplemento “O ADN dos galegos”, páxs. 8-9.

Pascual Carballo, Alberto (2009), Humor gráfico galego. Da transición ao século XXI, Santiago de Compostela: Ir Indo.

Rutherford, John (2007), «O humorismo da periferia e a comicidade do centro: a retranca e a guasa», en Liñeira, M., e Vilavedra, D., eds., John Ruhtherford, mar por medio, Trasalba: Fundación Otero Pedrayo, páxs. 19-27.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio