Indicación dalgunhas notas da publicación ferrolá Aturuxo.

1. Apuntamentos externos
Esta revista apareceu en Ferrol dende o ano 1952 ata o ano 1960. Contou con dúas atapas:
- A primeira etapa codirixírona Tomás Barros e Miguel C. Vidal. Ilustrouna Isaac Díaz Pardo. As dependencias da redacción e da administración localizábanse na rúa Real, núms. 18-20, 3º e na rúa xeneral Franco, números 18-20, 3º.
- Na segunda, dirixiuna Miguel C. Vidal e a ilustración realizouna Ricardo Segura Torrella. A redacción e administración situábase na rúa San Amaro, n.º 19.
Aínda que hai erróneas valoracións, a cronoloxía correcta é a seguinte:
O formato contaba con 22 x 16 cm, con algunhas variacións. Pola súa banda, a paxinación presenta algunha irregularidade ó carecer dela os nove primeiros números e cunha oscilación no número de páxinas, aínda que se rexistra unhas vinte ou trinta páxinas, aproximadamente.
2. Apuntamentos internos
O editorial de presentación, sen título, recolle o seguinte:

Trátase dunha revista literaria, sobre todo poética, que experimentou a censura por dúas razóns, a lingua e o contido dos textos. Para entendermos isto pensemos, por exemplo, nun poema de Paul Éluard, traducido ó castelán por Eduardo Moreiras; na colaboración constante de galeguistas (Ricardo Carballo Calero, Celso Emilio Ferreiro, Xosé Leyra Domínguez, Aquilino Iglesia Alvariño, Ánxel Johán e Isaac Díaz Pardo, entre outros), e persoeiros contrarios ó rexime franquista, como José Agustín Goytisolo, Gabriel Celaya e Victoriano Crémer. Todo isto supuxo a suspensión por parte de Francisco Serrano Castilla no ano 1957. Tamén contou da colección Aturuxo, dirixida por Tomás Barros e Miguel C. Vidal, na que saíron á luz os libros A realidade esencial, de Eduardo Moreiras, e El libro y el verso, de Miguel González Garcés.
Outro dato relevante foi a divulgación das publicacións periódicas coetáneas nas súas páxinas. Isto posibilitou un vizoso intercambio que favoreceu a expansión e o coñecemento da revista ferrolá alén Galicia. De feito, concitaba interese en cidades galegas (A Coruña, Pontevedra e Ourense) e noutras latitudes do globo terráqueo, como New York, Arxentina e Brasil.
A singradura da revista singularizouse por vence-las presións económicas, tal e como evidencia a ausencia de publicidade e as contribucións pecuniarias de Tomas Barros, Miguel C. Vidal, Mario Couceiro, Ricardo Carballo Calero, Leyra Domínguez e Miguel González Garcés. Tampouco aceptaron as presións das amizades, posto que amigos dos directores quedaron á marxe da publicación.
Dentro da historia da revista, cobran especial atención as vicisitudes dos seus impulsores, dado que Miguel C. Vidal traballaba en Bazán, impartía clases e exercía como avogado e Mario Couceiro era funcionario civil da Armada, docente na Academia Mercantil e delegado de El Correo Gallego.
BIBLIOGRAFÍA
Alonso Girgado, Luis, dir. (1994), Aturuxo. Revista de poesía e crítica. Ferrol, 1952-1960, Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, ed. facsímile.
